Entradas populares

Con la tecnología de Blogger.

Bolboretas brancas, de Antonio García Teijeiro


Nevaba no País das bolboretas.
Unha pega rabilonga, que era pintora, comezou a debuxar a neve que caía.
As folerpas semellaban bolboretas brancas.
Este é o seu cadro en palabras.

Folerpas que cantan
bolboretas brancas
folerpas de neve
bolboretas cansas
folerpas de neve
que flotan e danzan
o vento que as leva
herbiñas de prata
e neva e neva
bolboretas brancas
folerpas de neve
puntiños que esgazan
pintando o camiño
de verbas caladas
que caian do ceo!
que caian! que caian!
as tenras folerpas
bolboretas brancas.

(C) Antonio García Teijeiro
Boboretas no papel
Voz: María García Esperón
Música: Nightnoise
MMXI
< >