Entradas populares

Con la tecnología de Blogger.

A bolboreta, de Antonio García Teijeiro


A bolboreta
debuxa un beixo
con moitas cores
nalgún espello.

Beixo amarelo
de noz e mel,
brinco na brisa,
luz de papel.

A bolboreta
debuxa un beixo
que rouba ó aire
moitos insectos.
Beixo violeta,
vivo lunar,
onda nas nubes,
choiva no mar.

A bolboreta
debuxa un beixo
que cando soa
racha o silencio.


(C) Antonio García Teijeiro
Del libro "Bicos na voz".
Voz: María García Esperón
Música: Yanni
MMXI
< >