23 de diciembre de 2010
Un merlo toca unha gaita, de Antonio García Teijeiro
Submitted by
María García Esperón
en
12/23/2010 12:30:00 a. m.
Un merlo toca unha gaita
e converte en alegría
moitas penas, moitos laios
coa cor da melodía.
Unha cor case amarela
verde – azul – melancolía
¡ai, que arrecendo dourado
pousan as notas no día!
¡Que ben que toca ese merlo!
¡Que ben o son que asubía!
¡Que leda que soa a gaita!
¡Que quentor na area fría!
C) Antonio García Teijeiro
Aire sonoro
Voz: María García Esperón
Música: Yanni