Para Antonio García Teijeiro,
que lleva a Celso Emilio Ferreiro
en la voz
MGE
MGE
Moraima
Marzo 1972
Celso Emilio Ferreiro
Marzo 1972
Celso Emilio Ferreiro
0 meu país é pequeno,
pro non ten fronteiras.
A.S.
A muller de Boabdil
chamábase coma ti,
Moraima.
Eu, coma il,
tamén perdín Granada.
Perdín a primavera,
teño murchas as azas.
Perdín pra sempre
a cidá da esperanza,
das rúas silenciosas
e os parques de mazairas.
Perdín vales e ríos,
chairas e montes,
perdín os manantíos,
perdín as fontes.
Prediquei no deserto,
arei no mar,
tecín rendas de soños,
sementei no vento
zugameles fantásticos.
Vivín na terra allea,
comín o pan amargo do desterro.
convivín cos badocos
i esparexín na vida
mensaxes sin respos
Perdín Granada,
pro non a ti,
Moraima.
Por eso non perdín
nada.